Archivos día 2 abril, 2016

CHARLA-mos!!

“BAIA VIAXE” (Culturas do mundo)20160401_135106

O venres 1 de abril tivemos unha visita moi especial,  Larose  e Amparo acompañáronos durante este día para contarnos como é a situación actual do Sáhara, co privilexio de ser contada en primeira persoa, pois Larose é un adolescente saharaui que nos embelesou con moitas anécdotas e experiencias, pero aínda así, quedamos ca sensación de querer escoitar máis. Unha e outra pregunta íanse formulando da man dos alumn@s e mestr@s sen necesidade de máis material que a súa propia voz.

De novo, moitas grazas e esperamos que non tardedes moito en visitarnos!