Monthly Archives: abril 2016

Reválida

image

Apertura EXPOCABO maio 2016

Estimad@s amig@s, remitimos información da  apertura da exposición do mes de MAIO, do Centro Social de Cabo de Cruz, agradecendo, por adiantado, a vosa colaboración na difusión deste programa cultural. A mostra abriráse ao público o 3 de maio e permanecerá aberta ata final de mes.

EXPOSICIÓN

“Biblioteca Antiga”

A  mostra compose dunha colección de libros antigos editados entre o 1893 e o 1963. Podense ollar diferentes xéneros literarios dende novela, poesía, libros relixiosos, escolares, etc entre eles contamos cunha primeira edición da “Barraca” (1929) ou algúns comics da Guerra Civil Española “Episodios de la Guerra Civil” (1939).Cartel

Campamentos nos cales poden participar persoas con discapacidade

Informar que está aberto o prazo para os seguintes campamentos nos cales poden participar persoas con discapacidade:

  • Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016. Para persoas cunha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33% e outro requisitos concretos; a partir dos 11 anos de idade. Prazo aberto ata o día 30 de abril de 2016. Pódense enviar as solicitudes dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios ou directamente polo interesado nas oficinas xerais (portelo) do Concello.
  • Prazas xuvenís e de inclusión (discapacidade) no Porgrama Campaña de Verán 2016. Prazo aberto ata o día 23 de abril. No caso de prazas reservadas para persoas con discapacidade, se lle esixe idades comprendidas entre os 9 e os 18 anos de idade (ter cumpridos os 9 e non ter cumpridos os 18 ao inicio do campamento) e unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%, cunha serie de requisitos máis concretos. Pódense enviar as solicitudes dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios ou directamente polo interesado nas oficinas xerais (portelo) do Concello.

Departamento de Servizos Sociais Comunitarios.

Concello de Boiro.

Concurso de debuxo infantil

O Concello de Melide, a través da Concellaría de Promoción Económica, convoca o IX concurso de debuxo infantil Melindresricos con motivo da Festa do Melindre e da Repostería da Terra de Melide, que este ano se celebrará os días 7 e 8 de maio, coincidindo como é habitual co segundo fin de semana do mes de maio.

O certame está dirixido a escolares de entre 3 e 14 anos e terá como temática central a repostería tradicional da Terra de Melide, comprendendo desde ingredientes e procesos de elaboración até a propia festa de exaltación do melindre e a respostaría da Terra de Melide.

Con este concurso o que se pretende é implicar aos nenos/as neste evento, facelos partícipes dunha tradición e dala a coñecer en toda Galicia.

Co obxectivo de que este certame se manteña no tempo e de que cada ano participen máis rapaces/zas, solicitamos a colaboración por parte dos centros educativos e especialmente dos titores/as na difusión e implicación do alumnado, podendo ofertalo como unha actividade de clase.

Os interesados en participar terán até o xoves 5 de maio de 2016 para presentar os debuxos. Deberán entregalos na Biblioteca Municipal Xosé Vázquez Pintor de Melide ou no Departamento de Cultura da casa do Concello, ben de maneira individual ou ben de forma grupal se se realiza como unha actividade de clase.

Achego con esta carta trípticos informativos coas bases do concurso co fin de que informen a todo o alumnado.

IX CONCURSO DE DEBUXO MELINDRESRICOSIX CONCURSO DE DEBUXO MELINDRESRICOS-BASES

Esperando que esta información sexa do voso interese, recibide un cordial saúdo.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2016/2017

As persoas admitidas e non admitidas poderán formular reclamación, ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte a esta publicación.20160422104604_00001 20160422104604_00002 20160422104604_00003 20160422104604_00004 20160422104604_00005 20160422104604_00006 20160422104604_00007 20160422104604_00008

Reunión informativa Reválida

image

Votación polo comedor

Estimados pais e nais:

Na reunión celebrada onte para tratar a forma de xestión do comedor escolar, decidiuse entre os asistentes a dita reunión, que só poderán votar os socios, tal como recollen os estatutos da nosa asociación.

a votación para decidir a forma de xestionar o comedor será o vindeiro Martes 26 de Abril, en horario de 08:45 a 11:15 e de 16:00 a 18:00 horas.

Só se computará un voto por familia e será necesario ser socio da ANPA e presentar o DNI.

As votacións terán lugar na oficina da ANPA. Se hai algún voluntario/a para estar presentes durante as votacións con fin de axilizar e controlar o proceso, será ben recibido.

Sen outro particular, aproveitamos a ocasión para saludalos atentamente.

A Xunta Directiva.

Logo Norm

I ENCONTRO DE PAIS/NAIS

Estimados pais/nais:

As ANPAS organizadoras do “I Encontro de Pais/Nais”, lamentamos  enormemente as molestias causadas no día 13. Tras o imprevisto, e tendo en conta o interés amosado polas familias asistentes, decidimos propoñer este 1º Encontro para a vindeira semana. Creando dous grupos que funcionan  de forma paralela, nun horario de mañán e outro de tarde, para dar cabida horaria a todas as familias interesadas.

Grupo 1: Mércores 20 de abril en horario de 10-12, no Centro Social de Escarabote.

Grupo 2: Venres 22 de abril en horario de 19:30-21:30, no Centro Social de Boiro.

Agradecemos o interés e a participación amosado polas familias, así como a súa comprensión, esperamos poder seguir contando con vós nestge proxecto.

Atentamente

 

ANPAS dos CEIP de Boiro

 

IX Premio poesía Victoriano Taibo

 

O Instituto de Estudos Miñoráns, co patrocionio do concello de Gondomar, convocou o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo. Nos seguintes enlaces podedes consultar ou descargar as bases e o cartel anunciador:
Non se trata dun certame escolar e a razón deste envío aos colexios é que pode haber nais, pais ou mestres/as interesados.

CONCENTRACIÓN AXUDA AO POBO SAHARAUÍ

Ante a grave situación no Sahara Occidental, toda a comunidade educativa local de A Pobra acorda ler o mesmo día, ante todo o alumnado,o manifesto que achegamos e colaborar no programa Veráns en paz da ONG SOGAPS. Esta iniciativa tenta mostrar o noso apoio e o noso compromiso, desde as aulas, cos Dereitos Humanos; visibilizar o conflito saharauí e as persoas esquecidas; así como axudar a través da ONG citada.

Manifesto contra o esquecemento def

Pretendemos estender este paso de sensibilización e compromiso a toda a zona escolar do Barbanza. Se alguén quere unirse a esta iniciativa póñase en contacto co IES de A Pobra, Vicedirección, a través do correo ou por teléfono. Enviaremos un sobre coa información da ONG que tamén servirá para recoller as doazóns da Campaña 1 euro/ 1 alumno.

No seu momento daremos a coñecer a campaña á prensa. Achegamos o manifesto e a convocatoria para que poidades modificar logo, lugar e o que consideredes necesario.

Esperamos que a iniciativa e o compromiso cos Dereitos Humanos sexa acollida polo voso alumnado e entre todos unamos as nosas voces e esforzo para construír un mundo mellor.

axuda saharaui cartaz

Grazas

Andrés Esteban, Vicedirector do IES de A Pobra do Caramiñal.