Archivos día 29 febrero, 2016

VISITA DE MARÍA SOLAR

O día 16 de febreiro, os nenos e nenas de 4º curso tiveron a sorte de coñecer a María Solar, que visitou a Baiabiblio para falar, entre outros, do seu libro “O meu pesadelo favorito”.

O alumnado de 4º puido charlar con María  e resolver dúbidas sobre os personaxes da súa obra.

Grazas, María!!

 

DIVERTIDA TARDE NA COCIÑA

Xa sabedes que na Baiabiblio podemos atopar información sobre temas moi variados, entre outros, a cociña.

Estas son algunhas das novidades que podes consultar:

 

 

9788494328305
cubiertaRECETAS_Maquetaci—n 1

REPOSTERIA DIVERTIDA 3.indd

A tarde do mércores 17 de febreiro, tivemos a sorte de contar, unha vez máis, coa colaboración dunha familia do noso cole. Esta vez foi o turno de Violeta e Cecilia coa súa nai, Lili, que nos ensinaron a facer galletas.

Na actividade participou o alumnado de 5º e 6º, aínda que esperamos poder repetila con outros cursos, xa que foi todo un éxito.