Archivos día 11 febrero, 2016

MEMBROS BAIA ROCK BAND 16

 

Concurso Literario “Carlos Casares”

Aquí deixámosvos as bases para un novo concurso literario en galego organizado pola asociación cultural O Facho.imaxe O Facho

Velaquí as BASES do concurso:

  1. Poderán participar rapaces e rapazas que presenten as súas obras en lingua galega. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa extensión.
  1. O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 15 de abril de 2016 ás doce da noite.
  1. A presentación de orixinais para o Concurso farase por correo postal dirixido á Asociación Cultural O FACHO. Oficina Principal de Correos, Apartado nº 46 A Coruña. Podendo facerse individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos.
  1. No caso en que sexan os centros escolares os que presenten os orixinais ao Concurso, deberán facer unha preselección dun máximo de dous traballos por categoría, calquera outro terá que ser presentado individualmente.
  1. As obras haberán de ser relatos orixinais e non estaren editados por ningún procedemento impreso ou electrónico, nin teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e en condicións para que os seus dereitos de publicación poidan ser cedidos á Agrupación Cultural O FACHO por período de tres anos contados a partir do día do fallo do xurado.
  1. Para alén da orixinalidade literaria, o xurado valorizará a riqueza lingüística e o coñecemento gramatical reflectido nas obras.
  1. Establécense dúas categorías: Categoría: A Nenos e nenas de 6 a 12 anos. Categoría B Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos.
  1. As contías dos premios serán as que seguen: Categoría A 200€ en efectivo e unha valiosa escolma de obras literarias. 100€ en efectivo e unha valiosa escolma de obras literarias.
    Categoría B 200€ en efectivo e unha valiosa escolma de obras literarias. 100€ en efectivo e unha valiosa escolma de obras literarias.
  1. Cada autor só poderá presentar unha obra aténdose aos seguintes límites de extensión:
Categoría A Un máximo de cinco folios
Categoría B Un máximo de dez folios
  1. As obras haberán de se presentar por triplicado, manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes datos:
Nome e apelidos do autor/a. Enderezo e teléfono. Correo electrónico .
Centro onde cursa os seus estudos.
Categoría na que participa.
11.Os premios serán escollidos por un xurado nomeado pola Asociación Cultural O FACHO en fallo que se fará público no mes de maio.
12.O xurado poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas na súa interpretación.
13. A participación neste Concurso implica a aceptación das presentes bases

Anímate!!! Se queres participar non dubides en poñerte en contacto co Equipo de Dinamización de Lingua Galega do colexio, coordinado pola mestra de 6ºC, Laura Sampedro.