Archivos día 2 febrero, 2016

RESERVA DE PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO 2016/2017 ALUMNADO 6º DE PRIMARIA.

Do 1 ao 15 de febreiro, ábrese o prazo para que o alumnado de 6º de primaria reserve praza para o vindeiro curso académico 2016/2017.

Os alumnos que pretendan continuar estudos no centro de adscrición (IES A CACHADA), deberán devolver cuberta a solicitude (anexo I) ao seu titor/a do CEIP SANTA BAIA.

Os alumnos/as que desexen solicitar praza noutro centro distinto do IES A CACHADA deberán entregar a solicitude no instituto elixido e traer unha copia da mesma ao CEIP SANTA BAIA.

Aquí pode descargar o anexo I

http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048