Daily Archives: 9 diciembre, 2015

CreandAMOS xuntos!!!

Para a 2567-106898-a-nadal-28realización dunha actividade de índole artística- lingüística precisamos da colaboración das familias.

O venres pasado (4 de decembro) cada neno/a levou para casa un pequeno debuxo relacionado co Nadal co fin de que fose decorado e se escribira nel unha palabriña en galego pouco coñecida.

Con estes debuxiños construiremos unha árbore de Nadal que ambientará con cores, debuxos e fermosas verbas galegas a entrada do noso cole.

Graciñas de novo ás familias e esperamos que na vindeira semana podades ver o resultado! 🙂