Monthly Archives: diciembre 2015

BO NADAL!!!

 

20151218_135613

Velaquí o resultado do traballo realizado polas familias. Un collage moiapropiado para estas datas composto de debuxos do Nadal cheos de verbas en galego, a maioría delas pouco coñecidas!

En resumo, xenial familias!!

20151218_135735 20151218_135837 20151218_135855 20151218_135800

?

?

FOOD PYRAMID

A partir de revistas e catálogos, os alumnos/as de 4º fixeron unha pirámide alimenticia que temos exposta no cole.

We had a great time!!

20151126_121533 20151126_124335 20151126_124403 20151126_124543 20151130_133344 20151130_133356 20151130_133645 20151201_124642 20151201_125000 20151201_125317

TASTING FRUIT JUICES

Os alumnos/as de 5º probaron zumes naturais feitos con diferentes froitas e tiveron que adiviñar que froitas levaban.

They were yummy and really healthy!!

 

20151125_103921

20151125_093320 20151125_093335 20151125_093350 20151125_093357 20151125_095813 20151125_095818 20151125_095823 20151125_102349  20151125_105003 20151125_105018 20151125_105127 20151125_105245

Panxoliñas 2015

O alumnado do CEIP Santa Baia vos quere felicitar este Nadal con estas fermosas panxoliñas!!!!

I Concurso de Nadal – A.A.M. de Historia Natural USC

 

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC solicita a súa colaboración para a difusión do I Concurso de Nadal que organiza esta asociación, do que se adxunta cartel informativo:

http://revistas.usc.es/export/sites/default/museohn/descargas/I_1_Concurso_de_Nadal_AAMHN.pdf

 

BASES DO CONCURSO

Formato: Unha folla  A4 ( incluído texto e ilustracións), en papel ou dixital. O texto deberá ser breve, en Times New Roman 12 ou outra letra de tamaño similar  e as ilustracións orixinais ( debuxos ou fotografías)

Tema:  Sobre o tema xenérico “minerais” os concursantes poderán elixir  libremente calquera  temática relacionada con  algún mineral (usos, tipos, propiedades, lendas,…).

Categorías: Establécense 4 categorías, diferenciadas pola idade dos concursantes

  • De 5-8 anos
  • De 9-13 anos
  • De 14 a 17 anos
  • De 18 ou mais anos

Prazo de presentación dos traballos: Do 21 decembro de 2015 ata o 8 de xaneiro de 2016.

Lugar de presentación dos traballos:  Na recepción do Museo de Historia  Natural da USC . Parque de Vista Alegre. 15782 Santiago de Compostela ou por correo electrónico no enderezo museohn@usc.es, facendo constar en asunto I Concurso de Nadal AAMHN

Proclamación dos gañadores: A derradeira semana de xaneiro de 2016

Entrega dos premios: A data e formato do acto de entrega de premios comunicarase aos concursantes despois da data de proclamación dos gañadores.

Os  gañadores terán de premio unha tablet e todos os participantes recibirán un diploma da súa participación no concurso.

 

Como apoio para o concurso  recoméndase a visita á exposición temporal, de entrada libre, “A colección mineralóxica Joaquín Pardo no Museo de Historia Natural da USC”. Tamén no mesmo museo, na sala de Xeodiversidade da exposición permanente hai unha abondosa exhibición de minerais.

 

Un cordial saúdo

Juan Viaño Rey

Presidente da Asociación Amigos do Museo de Historia Natural da USC

 

Este xoves… GRAN VISITA!!!

Os paxes dos reis magos virán a comprobar o ben que vos portades para que os Reis Magos de Oriente vos traian fermosos regalos este Nadal!

Non vos esquenzades de darlle as vosas cartas!!!!

paxes

O APALPADOR

O mércores, 16 de decembro, será unha tarde especial na Baiabiblio.

Estará con nós a familia de Mencía Suárez Álvarez, de 1º, e de Diego Suárez Álvarez, de 4º de Infantil, para contarnos un conto do Apalpador.

A actividade dará comezo ás 16:30.

 

Ademais teremos música, baile e elaboración de marcapáxinas.

Non podes faltar!!!

 

A PROL DO “NUNCA MÁIS”!

20151125_112102

“-TODA A VIDA- INTERNACIONAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO”    

O cole non só se tingueu de laranxa por fóra, senón que por dentro quixemos concederlle a importancia que se merece a este día. Por iso organizamos esta “solta de globos” para berrar e conseguir a eliminación total da violencia de xénero. 
20151125_112207

CreandAMOS xuntos!!!

Para a 2567-106898-a-nadal-28realización dunha actividade de índole artística- lingüística precisamos da colaboración das familias.

O venres pasado (4 de decembro) cada neno/a levou para casa un pequeno debuxo relacionado co Nadal co fin de que fose decorado e se escribira nel unha palabriña en galego pouco coñecida.

Con estes debuxiños construiremos unha árbore de Nadal que ambientará con cores, debuxos e fermosas verbas galegas a entrada do noso cole.

Graciñas de novo ás familias e esperamos que na vindeira semana podades ver o resultado! 🙂

 

COLABORACIÓN DAS FAMILIAS COA BAIABIBLIO

Como xa sabedes, o mércores é o día das familias na Baiabiblio.

IMG_1991

Para despedir o ano, queriamos realizar unha actividade especial na tarde do mércores 16.

Seguro, seguro, que a algún papá, mamá, avó, avoa, tío, irmá… apetécelle contarnos un conto, ou cantarnos unha canción, ou…

Animádevos e poñédevos en contacto con algún profe do equipo de biblioteca o mércores 9 pola tarde ou no recreo, entrada, saída…