Monthly Archives: septiembre 2015

Calendario Escolar 15/16

http://www.edu.xunta.es/portal/calendarioescolar

 

Diptico 15-16 Diptico 15-16

VOLTA AO COLE: 10 DE SETEMBRO

vuelta-al-cole

 

HORARIO 10 DE SETEMBRO:

11:00- 5º E 6º DE PRIMARIA E 6º INFANTIL.

11:15- 3º E 4º DE PRIMARIA E 5º INFANTIL.

11.30- 1º E 2º PRIMARIA.

SAÍDA- 12:30

A partir do 11 de setembro o horario será o habitual: 8:45 a 13:45

 

 

REUNIÓN INFANTIL

As mestras de 4º de Educación Infantil convocan aos pais/nais a unha reunión que se celebrará na biblioteca do centro o luns 7 de setembro ás 11:00.

Prégase acudir sen os nenos/as.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 

Orde do 25 de agosto de 2015 polo que se convocan axudas de material escolar

 

– IMPORTE DA AXUDA: 50 euros.
– DESTINATARIOS: alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos.
– PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 2/9/15 ao 1/10/15.
– REQUISITO: Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros. Exercicio fiscal 2013. Suma dos recadros 366 e 374 dividido entre o número de membros da unidade (computaranse por dous os membros da familia, incluído o alumno/a, que teñan recoñecida a 31 de decembro de 2013 unha discapacidade igual ou superior ao 33%).
-DOCUMENTACIÓN:
* Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, no día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentar outro documento acreditativo (sentenza xudicial de separación ou divorcio, convenio regulador onde conste a custodia do solicitante, certificado ou volante de convivencia, informe dos servizos sociais).
* Cando non autoricen a consulta telemática: copia do DNI dos membros computables da unidade familiar e copia da declaración da renda.
* No caso de discapacidade igual ou superior ao 33% dalgún membro da unidade familiar, incluído o alumno/a, deberá presentarse documento que o acredite.
Pode descargar aquí os impresos ou solicitalos na secretaría do centro.

 

AnuncioG0164-240815-0002_gl_Página_17AnuncioG0164-240815-0002_gl_Página_18AnuncioG0164-240815-0002_gl_Página_19