Monthly Archives: mayo 2015

CONCERTO Baia Rock Band

 ENTRADAS ESGOTADAS

CONVIDAMOS A TODOS OS PAIS/NAI E MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO, Ó CONCERTO EN DIRECTO DA BAIA ROCK BAND.

 

XOVES 18 DE XUÑO

DOUS PASES, ás 13:00 ou  ás 19:30. CANCELADO PRIMEIRO PASE, ESGOTADAS ENTRADAS PARA O SEGUNDO PASE!

Como temos aforo limitado e para organizalo o mellor posible, emitíronse entradas gratuitas que podedes recoller na Secretaría do Centro.

20150528114738_00001

VISITA DE ALICIA BORRÁS

O venres, 22 de maio, visitounos a escritora Alicia Borrás.

IMG_1569

 

Os nenos/as de 6º leron, durante o curso, dous libros escritos por ela:

“Nata y chocolate” e “Nata y chocolate invencibles”

 

9788466793018                       9788467860658

Disfrutamos moitísimo coa lectura dos seus libros e tamén coa súa visita. Alicia contestou pacientemente todas as preguntas que lle fixemos e firmounos todos os libros.

Gracias, Alicia!!!

Mirando o ceo nocturno…

Tódolos días vemos o ceo, pero… mirámolo moitas veces????
Para poder mirar o ceo, debemos ter referencias e poder situarnos.

Hoxe poderás aprender a miralo.
Esta noite, ás 22:30 poderás ver no ceo -que aínda estará azul- un triángulo formado pola Lúa, un punto brillante ao seu carón -un chisco máis arriba á dereita- que é Venus, e outro punto -máis tenue arriba á esquerda- que é Xupiter.
Ás 22: 45 enriba de Venus e formando con el un V aparecen dous puntos luminosos. O da esquerda é Polux (unha estrela xigante vermella) e o da dereita é Castor (un sistema de 6 estrelas, que nós vemos coma unha porque está moi lonxe). Cástor e Polux son as estrelas principais da constelación de Xémini.

RISAS A ESGALLA CO “CIRCO CHOSCO”!

O xoves 21 os nenos/as de 6º e 1º fomos ata á Cachada para ver un show circense chamado o “Circo Chosco”. Nós e outros colexios que alí estaban, pasamos un rato moi bo onde foi imposible aguantarse a risa.

O CEIP SANTA BAIA CONTA DENDE FAI UN MES CUN NOVO PATIO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Despois dunha longa espera, faise realidade a construcción dun novo patio de Educación Infantil .
Conta con randeiras adaptadas a estas idades, tanto no material como nas formas, un areeiro renovado para disfrute de moitos cativos, un chan especial a base de formigón pulido e caucho, campo de fútbol e unha zona de mini-basket.
Dende o equipo directivo queremos dar as grazas ao Concello de Boiro por atender as nosas peticións colaborando coa mellora do centro.
A directora

IMG-20150506-WA0000

Susana Albarrán Gómez.

Coñecemos ós mariscadores.

Vimos e explicáronnos en que consiste o seu traballo!

Non te perdas este vídeo!!!!

http://youtu.be/e7d9Nb0LMhc