Archivos día 28 enero, 2015

Seguimos coñecendo ós nosos veciños

Agora será o alumnado o responsable do mantemento do noso acuario. Para poder levar a cabo tan importante misión, tomaron boa nota do procedemento a seguir.

Tamén comezaremos cas entrevistas para coñecer mellor o que sucede na nosa ría e no complexo de Corrubedo, que se atopa dentro da Rede Natura 2000.

Podes seguir traendo inquilinos ó noso acuario, buscamos peixes pequenos para completar o noso pequeno hábitat mariño.

 

Mantemento acuario

Colaboran co acuario – Escolas en Acción

 

Podedes seguir todos os proxectos seleccionados para este ano “ESCOLAS EN ACCIÓN” neste

https://escolasenaccion.wordpress.com/

https://escolasenaccion.wordpress.com/

A M——… gracias Lois e Juan!!!

Esta semana, visitáronnos dous percusionistas da Escola de Música de Boiro, para ensinarnos un fantástico instrumento… SABES COMO SE CHAMA??????