Daily Archives: 19 diciembre, 2014

O Apalpador despistado!

   Este ano o Apalpador andivo moi animado, de feito ata fixo un vídeo onde lles quería amosar aos neno/as un pouco da súa historia e máis uns pasiños do seu xa famoso baile.
Pero ademais de contento e ledo por levarlle a tódolos nenos agasalliños tamén andivo un puco despitadiño… Durante a última semana de cole perdeu algúns dos seus obxectos: boina, bufanda, caxato, boneco de madeira… que os nenos/as,  moi amablemente,  lle axudaron a atopar.

Estas foron as clases máis rápidas e habilidosas á hora de buscar e rebuscar…  ata dar con estes obxectos perdidos!
En sinal de agradecemento o Apalpador deulles un almanaque do 2015.

3 anos

4 anos

5 anos

Os nen@s de primeiro son un verdadeiro equipo!! Entre todos atoparon o obxectivo perdido do Apalpador.

Os nen@s de primeiro son un verdadeiro equipo!! Entre todos atoparon o obxecto perdido do Apalpador.

 

2º3º

4º

5º

6º

2 parcelas preparadas!!!!!

Unha vez que rehabilitamos as dúas primeiras parcelas e o invernadoiro, xa podemos comezar ca recuperación da zona Oeste do horto!

 

Na primeira parcela plantamos allos, repolos de dous tipos e nabos.

E no invernadoiro, puxemos semilleiros de dous tipos de piñeiros, sobreiras, carballos e diversos frutais.

SEGUIREMOS TRABALLANDO!!!!!