Monthly Archives: diciembre 2014

COMPARTIMOS BOS DESEXOS!

Non só entre eles se desexaron boas festas senón que os nenos do Santa Baia quixeron trasladar os seus mellores desexos ao resto dos Boirenses. Para iso fixeron postais que logo deixaron nalgúns dos comercios de Boiro, como: Opticalia, zapatería Kecos, etc.

Así pois, COMO DIRÍAN OS MÁIS PEQUENOS: FELICES FESTAS!!

O Apalpador despistado!

   Este ano o Apalpador andivo moi animado, de feito ata fixo un vídeo onde lles quería amosar aos neno/as un pouco da súa historia e máis uns pasiños do seu xa famoso baile.
Pero ademais de contento e ledo por levarlle a tódolos nenos agasalliños tamén andivo un puco despitadiño… Durante a última semana de cole perdeu algúns dos seus obxectos: boina, bufanda, caxato, boneco de madeira… que os nenos/as,  moi amablemente,  lle axudaron a atopar.

Estas foron as clases máis rápidas e habilidosas á hora de buscar e rebuscar…  ata dar con estes obxectos perdidos!
En sinal de agradecemento o Apalpador deulles un almanaque do 2015.

3 anos

4 anos

5 anos

Os nen@s de primeiro son un verdadeiro equipo!! Entre todos atoparon o obxectivo perdido do Apalpador.

Os nen@s de primeiro son un verdadeiro equipo!! Entre todos atoparon o obxecto perdido do Apalpador.

 

2º3º

4º

5º

6º

2 parcelas preparadas!!!!!

Unha vez que rehabilitamos as dúas primeiras parcelas e o invernadoiro, xa podemos comezar ca recuperación da zona Oeste do horto!

 

Na primeira parcela plantamos allos, repolos de dous tipos e nabos.

E no invernadoiro, puxemos semilleiros de dous tipos de piñeiros, sobreiras, carballos e diversos frutais.

SEGUIREMOS TRABALLANDO!!!!!

» UN OUTONO PICTÓRICO»

O alumnado de 1º  acabamos, coma quen di,  de aterrar no edificio dos maiores e xa aprendemos cousas interesantes para compartir con todos vós.

PINTORES e CADROS entraron nas nosas aulas para con eles descubrir o valor artístico e as mensaxes que os cadros agochan.

Da man do pintor noruego «Eduard Munch» abrímoslle a porta ao mundo dos medos e rematamos na celebración do Samaín:

DSC02064         DSC02062

Como tamén queriamos descubrir aos pintores españois, fixámonos nas ilusións ópticas que utilizaba o catalán  «Salvador Dalí», dentro da unidade didáctica dos sentidos.

A pintura galega entrou da man de «Carlos Maside», precursor das vangardas en Galicia,dentro do  proxecto de centro «BAIA MUSEO».DSC02066

Continuamos a nosa andaina cunha visita ao museo de Pontevedra, para aprender a mirar cadros, moitos de nós por primeira vez.  DSC02082 E rematamos converténdonos, segundo as nosas profes, nuns bos pintores.NON SI?DSC02069

EN BREVE DISFRUTAREDES DAS NOSAS CREACIÓNS!