Archivos día 10 junio, 2014

Recollida simultánea de lixo nas praias

Con motivo do día Mundial dos Océanos e dentro da iniciativa europea “Limpemos Europa”, ADEGA(asociación para a defensa ecolóxica de Galicia), organiza unha limpeza simultánea de praias co apoio da fundación biodiversidad do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

A campaña de limpeza de praias, pretende sensibilizar aos rapaces sobre o lixo mariño e os problemas que causan os plásticos no mar.

O Concello de Boiro, a través do departamento de medio ambiente en colaboración con ADEGA quere sumarse a esta campaña e por esta razón se pon en contacto cos centros educativos.

O alumnado do CEIP Santa Baia, participou con esta iniciativa o luns 9 de xuño en Praia Xardín.

IMG_0711 IMG_0725 IMG_0720

Banco de libros Anpa Torre de Goiáns

A ampa deste Centro xestiona un banco de libros solidario.

Procederán a recoller na oficina da Anpa no Centro os días 18, 19 e 20, os libros de texto que xa non precises para o próximo curso.

O alumnado que deixe os libros terán preferencia á hora de solicitar os que precise.