Archivos día 2 junio, 2014

VISITOUNOS ABRAHAM CARREIRO

O autor de Estudios Tex ensinounos aos terceiros e cuartos os segredos das

ilustracións dos libros, descubríndonos como crear cun lapis todo tipo de personaxes,

desde os máis bondadosos ou inocentóns ata os máis malos malísimos. Fixemos

prácticas ata converternos nós tamén en ilustradores, ou cando menos sentir a

emoción do creado por nós mesmos, o que sempre incentiva a imaxinación e o

intelecto, e como non, non podía faltar ao final a firma de libros do autor. Con todo

elo pensamos que puñemos un grao de area máis nesa carreira que todos os cursos

temos na procura do gusto pola lectura, a paixón pola descuberta e a creación

individual ou colectiva.

IMG_3166IMG_3190

 

 

 

 

 

 

 

IMG_3188IMG_3208