Monthly Archives: junio 2014

Principais novidades da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto – Curso escolar 2014-2015

No Diario Oficial de Galicia do 30 de maio de 2014 sae publicada a Orde do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014-2015.

Coa finalidade de que os centros poidan levar a cabo o labor de información e asesoramento ás persoas interesadas para cubrir as solicitudes de xeito correcto e para que acheguen a documentación requirida na orde, esta dirección xeral infórmalle das novidades destacables na convocatoria:

1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario)

Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

2.  O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).

Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.

 

Concurso “La canción del Verano”

O alumnado de segundo e cuarto participan nun concurso a nivel nacional de música infantil.

Os mestres do departamento de música compuxeron candansúa canción para este concurso, cuxo lema é “A protección solar”. Sobre este tema versan as letras que gravaron na aula de música os alumnos.

Esperamos que o pasaran ben con esta actividade e teñan sorte no concurso!!!

Esta é a de cuarto curso: “Mi gatito va a la playa”

 

Esta é a de segundo: “Cuando llega el veranito”

 

En este enlace podes escoitar todas as cancións concursantes.
http://www.canciondelverano-ladival.es/#

 

VISITOUNOS ABRAHAM CARREIRO

O autor de Estudios Tex ensinounos aos terceiros e cuartos os segredos das

ilustracións dos libros, descubríndonos como crear cun lapis todo tipo de personaxes,

desde os máis bondadosos ou inocentóns ata os máis malos malísimos. Fixemos

prácticas ata converternos nós tamén en ilustradores, ou cando menos sentir a

emoción do creado por nós mesmos, o que sempre incentiva a imaxinación e o

intelecto, e como non, non podía faltar ao final a firma de libros do autor. Con todo

elo pensamos que puñemos un grao de area máis nesa carreira que todos os cursos

temos na procura do gusto pola lectura, a paixón pola descuberta e a creación

individual ou colectiva.

IMG_3166IMG_3190

 

 

 

 

 

 

 

IMG_3188IMG_3208