Monthly Archives: junio 2014

CORAZÓNS CON LINGUA

Este proxecto permitiu que colaborase toda a comunidade educativa do noso centro, tendo a lingua galega como vehículo de transmisión e o noso entorno máis próximo como base artísitica das nosas creacións.

A celebración da Candeloria en Galicia ten un significado moi entroncado co AMOR, ese foi o tema que centrou o proxecto.
Esperamos que gocedes do resultado que veredes na seguinte presentación!
(Premer enriba para ver)
Presentación Corazóns con lingua

Libros de texto curso 2014/2015

 

libros

 

 

 

 

LIBROS DE TEXTO 14-15

Dende aquí podedes ver ou descargar a listaxe dos libros que vas a utilizar o curso 2014 – 2015.

XARDÍN DO ENSINO

INAUGURACIÓN ESCOLAR

vista acto  O día 19 de xuño o Xardín do ensino do barrio de” Praia Xardín” empezou unha nova andaina, despois de ser recuperado como espazo da memoria  e público para o barrio.

  O proxecto desenvolveuse durante todo este curso escolar no noso centro, tal e como xa vos informarmos e publicamos aquí no mes de maio.

 O acto estivo marcado pola lectura dun manifesto,  cantigas de poemas de Xosé Mª Díaz Castro e Rosalía de Castro e finalmente a sinatura de todos/as os alumnos/as participantes  en  representación dos seus centros.

  lectura

 cantiga

sinaturas

Este proxecto permitiu a colaboración dos centros de ensino Santa Baia, Praia Xardín e a gardería de Rosa coa AAVV e terá como remate final unha gran celebración o vindeiro  sábado 21.

  Animádevos a disfrutar dos actos e deste novo espazo!.

A partir de agora depende de todos/as mantelo coidado.

manifestofesta cartel

Fin de curso!!!!

As gravacións rápidas do alumnado!!!! Esperamos que o pasedes ben, aprendades e disfrutedes da música!!!!

Estes son os de 6º:

Con esta axudounos a profe de inglés…

 

Esta é un clásico da terra…

 

Os de 5º:

 

Os de 4º:

 

notas

Xornal

  A NOSA VISIÓN DO MUNDO

prensa1

Por  segundo ano consecutivo editamos o noso xornal escolar “CORREAULAS” que pretende dar a coñecer, a toda a comunidade educativa e aos veciños de Boiro, a realidade que nos chega a través dos medios de comunicación, reintepretada polo noso alumnado.
Repartimos exemplares, para a súa lectura, en tódalas aulas do centro e en todos os edificios públicos do Concello (centros sociais, biblioteca muinicipal, centro de saúde e centro de día) e aquí podedes atopar unha pequena mostra do que nel atoparedes.
ANIMÁDEVOS A BOTARLLE UN VISTAZO!

prensa 2

Semana das letra galegas

letras 1Coa celebración da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS achegámonos ao momento máis relevante do curso escolar no que ao uso da lingua galega se refire.

Este ano fixémolo da man do poeta Xosé Mª Díaz Castro e de Rosalía que despois de 51 anos da celebración daquel 1º Día das Letras Galegas, volveunos a sorprender coa aparición duns poemas inéditos que podedes atopar no seguinte enlace:

http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/24863/IneditosPoeticos-RdC-RAG.pdf?version=1.0

aos que quixemos darlle un espazo destacado porque “Rosalía segue entre nós”.

letra 3Ao igual que fixo Díaz Castro amosando os trazos antropolóxicos, demográficos e sociais do tempo no que viviu e que con tanta intensidade latexan na súa obra “Nimbos”, nós tamén quixemos darlle importancia ao que nos rodea. De aí naceu a exposición “O Noso mar fala”:

 VIDEO COLABORATIVO “PENÉLOPE”

(de Xosé Mª Díaz Castro)

Proxecto no que participou o noso centro.

Cooperación entre centros

COOPERACIÓN ENTRE CENTROS

100_3586  O día 17 de xuño, un grupo de alumnos/as do 1º ciclo  da ESO do IES Espiñeira, sorprendeunos coa súa representación teatral “A rebelión dos xoguetes”.

Foi unha actividade moi enriquecedora na que os alumnos/as máis maiores compartiron con nós a súa  creatividade e amosáronos valores que non debemos esquecer:

-colaborar nas tarefas da casa

-tratarnos coma iguais sen diferencias de xénero

-respectar o noso entorno

 Foi unha experiencia fantástica!!!!!!!!!!! 

100_3592

Esperamos poder seguir colaborando no vindeiro curso con iniciativas coma esta.

100_3577

AMIGOS DE PACHACÚTEC

Este proxecto permitiunos coñecer unha realidade distinta á nosa.

Un dos valores que nós queremos fomentar na educación é que o alumnado adquira unha maior competencia social e cultural e para iso é preciso que coñezan a súa contorna e o que hai máis aló dela.

clip_image002

     Pachacútec é unha poboación do Perú coa que tivemos oportunidade de establecer contacto a través dun mestre galego que está a traballar nun colexio desa zona. Foi el quen    nos proporcionou información sobre como é a vida alí e nós quixemos achegarlles a nosa realidade,  ao seu alumnado, a partir dalgunhas das experiencias educativas que  vivimos  durante o curso.

                 Agora compartimos con vós o que alí recibiron!
  (Premer enriba para ver)
Amigos de 2º B CEIP SANTA BAIA
Presentación Magosto PERÚ

PROXECTO DE EXPERIMENTOS

 

Os nenos e nenas de 5ºB e 5ºC levamos a cabo, neste último trimestre, un proxecto de experimentos.

Estas son algunhas das acividades que realizamos:

– Experimentamos na aula e na casa.

– Organizamos unha exposición de libros de Ciencia e experimentos feitos por nós.

– Explicamos aos nosos compañeir@s de 1º e 2º como fixemos os nosos experimentos.

– E, por último, convertímonos en científicos e invitamos ao noso laboratorio aos nen@s de 1º e 2º, onde fixeron, coa nosa axuda, un volcán.

 

 

http://EXPERIMENTANDO on PhotoPeach

Recollida simultánea de lixo nas praias

Con motivo do día Mundial dos Océanos e dentro da iniciativa europea “Limpemos Europa”, ADEGA(asociación para a defensa ecolóxica de Galicia), organiza unha limpeza simultánea de praias co apoio da fundación biodiversidad do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

A campaña de limpeza de praias, pretende sensibilizar aos rapaces sobre o lixo mariño e os problemas que causan os plásticos no mar.

O Concello de Boiro, a través do departamento de medio ambiente en colaboración con ADEGA quere sumarse a esta campaña e por esta razón se pon en contacto cos centros educativos.

O alumnado do CEIP Santa Baia, participou con esta iniciativa o luns 9 de xuño en Praia Xardín.

IMG_0711 IMG_0725 IMG_0720

Banco de libros Anpa Torre de Goiáns

A ampa deste Centro xestiona un banco de libros solidario.

Procederán a recoller na oficina da Anpa no Centro os días 18, 19 e 20, os libros de texto que xa non precises para o próximo curso.

O alumnado que deixe os libros terán preferencia á hora de solicitar os que precise.