Monthly Archives: abril 2014

GALLETAS DE M&M

Os nenos e nenas de 1º de Primaria fixemos na cociña do cole galletas de M&M. Deixamos a receita:

INGREDIENTES:

  • 200 gr. de fariña.

  • 5 gr. de azucre avainillado.

  • 75 gr. de azucre moreno.

  • 125 gr. de manteiga.

  • M&M para adornar.

ELABORACIÓN:

Amasar todos os ingredientes xuntos e meter no forno a 200ºC durante 12 minutos. Deixar reposar durante 2 o 3 minutos e pasar a unha reixiña para enfriar alí.

IMG-20140401-WA0003

CELEBRACIÓN DE ANIVERSARIOS

O derradeiro venres de cada mes, as nenas e nenos de E. Infantil, celebramos os aniversarios. Xuntámonos todos no patio interior,  sopramos as candeas por idades e cantamos.

Despois, entramos nas aulas e  degustamos os alimentos que trouxeron os homenaxeados.

Cando rematamos, recollemos e imos ao patio.

Estas son as fotos do mes de abril.

 

OS CUARTOS RECICLAMOS E XOGAMOS

Ao través da construcción de xoguetes con material funxible (cartolinas…), educamos

no aproveitamento dos recursos, contra o consumismo compulsivo, ao tempo que

acostumamos a mente a buscar solucións para o tempo de lecer. Coa  base dos

temas matemáticos de xeometría, polígonos e figuras xeométricas, comezamos a

practicar na súa construcción, a partir do que se irán elaborando xoguetes, recursos

e material diverso a gusto do noso alumnado.

CAM00081    CAM00082

MUSLIM CULTURE EXPOSITION

A vindeira semana  no hall do colexio, vaise a facer unha exposición con obxectos e un mural  relacionados coa  cultura musulmana que foron aportados polo alumnado do centro.