Category Archives: ANPA Torre de Goiáns

Anpa Torre de Goiáns, inicio curso

Estimadas familias,

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PREVISTAS PARA O PRESENTE CURSO

Sen outro particular, e agardando a vosa asistencia, aproveitamos a ocasión para saudalos atentamente,

A xunta Directiva

Festa de Fin de Curso (modificado)

Devolución de libros da ANPA

As familias que teñan libros do banco da Anpa deberán devolvelos na nosa oficina o próximo xoves día 23 entre as 10:00 e as 13:00.
Moitas gracias.

Reserva de libros do Banco da ANPA

Bos días, a partir do próximo luns día 20 xa se poden reservas os libros de 4° do ano que ven
do banco de libros da Anpa.

As familias interesadas deben enviar unha mesaxe de WhatsApp ó número 676340832 co texto «Reserva Libros curso 22/23» seguido do nome e apelidos do rap@z.

Tamén agradecemos que tódalas familias que teñan libros de 3° que non vaian a utilizar o ano que ven, os donen para noso banco.

Resultado da Lotería Nacional para o sorteo da ANPA

Os resultados da Lotería Nacional do sábado 4 de xuño é

Formación tecnolóxica básica «PARA FAMILIAS»

Moitos dos trámites coa administración, incluído centros educativos (aula virtual, admisión alumnado, axudas…), non tardarán en ser só telemáticos. Nesta formación poderán iniciarse nestas ferramentas útiles para as xestións onLine.

Para máis información e inscricións teñen o contacto no cartazo.

Obras ampliación comedor escolar

Acabamos de recibir a confirmación, por parte da empresa adxudicataria, de que o próximo martes 2 de novembro darán comezo as obras de ampliación do comedor escolar do Centro a cargo da Consellería de Educación.

Tentaremos que interrumpa o menos posible as actividades escolares, pero algunhas si que sufrirán modificacións.

Durante as primeiras semanas da obra, quedan suspendidas todas as actividades dentro do edificio de primaria (si se manteñen no ximnasio e pabillón).

O servizo de madrugadores realizarase na aula de música (habilitarase unha zona co necesario) e o alumnado de infantil usuario do comedor terase que desprazar en autobús a Exipto (como están facendo os de primaria).

Este autobús terá un espazo reservado que debemos respectar desde as 13:00h ás 14:00h.

Á volta do comedor (15:30h), non deben aparcar na zona reservada ao bus na Avda. Compostela, posto que agora serán dous autobuses os que precisan aparcar aí.

CARACTERÍSTICAS XERAIS DA OBRA

Inicio: 2 de novembro.

Fin: previsión, finais decembro.

Os derrubes e obras máis aparatosas (ruidosas, desescombro…) realizaranse fóra de horario lectivo.

Características xerais da obra:

– Ampliación do espazo útil a máis do dobre do actual.

– Ampliación da zona de mesado para traballo/almacenaxe.

– 1 baño e 2 piletas máis (adaptadas a infantil).

– Un novo acceso directo desde o exterior.

– Presinstalación para un segundo lavalouzas e puntos de luz para nevera.

– Falso teito para mellorar a acústica.

TRABALLO PREVIO E DURANTE A OBRA

Unidade técnica de A Coruña: coordinar proxecto e execución.

Empresa: medición, presuposto, coordinarse coa dirección do centro e cumprir contrato.

Dirección do centro: facilitar organización, preparar os espazos e reorganizar servizos complementarios.

Persoal do centro: baleirar espazos afectados e adaptarse á nova estrutura.

Concello: colaborar con parte do mobiliario e adecuación de espazos.

Policía Local: velar polo correcto funcionamento do servizo de transporte escolar.

Anpa: organizar os servizos de madrugadores e comedor escolar.

Familias: colaborar coas características provisionais durante a obra (respectar zonas aparcamento buses, adaptarse aos novos espazos do servizo de comedor infantil e madrugadores).

SAÚDOS e desculpen as molestias que lles poidan ocasionar.

Impreso de alta de socios «ANPA Torre de Goiáns»

A continuación pode descargar o impreso de alta de socios e entregalo na oficina da ANPA ou mesmo no buzón dispoñible á entrada do centro.

A Xunta Directiva

Impreso descargable en PDF:

Asamblea xeral ordinaria «ANPA Torre de Goiáns»

Estimadas familias, Coa presente queremos convidalas a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA da “ANPA
Torre de Goiáns” do CEIP Santa Baia, convocada para o vindeiro Xoves 16 de Setembro no
salón de actos da casa de Cultura de Boiro ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás
20:00 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
– Lectura e aprobación, se procede, da acta da anterior asamblea xeral.
– Estado de contas.
– Actividades previstas para o curso escolar.
– Transporte escolar.
– Comedor escolar.
– Servicio madrugadores.
– Incorporación de persoas a Xunta Directiva
– Rogos e preguntas

Sen outro particular, e agardando a vosa asistencia, aproveitamos a ocasión para
saudalos atentamente,

A Xunta Directiva

Slow Food – Come local

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/57422/xunta-promove-por-segundo-ano-consecutivo-campana-come-local-nos-comedores-escolares?langId=gl_ES

16 centros os escollidos para participar nesta segunda edición da «Come Local» e que esperamos que acabedes tan satisfeitos coma na primeira edición que fixemos de setembro a decembro do 2020 da cal tedes máis información no seguinte link:
https://www.slowfood.com/es/campana-come-local-en-comedores-escolares-de-galicia/

Ademais tamén formarán parte da mesma, os 4 Comedores Escolares Km 0 que xa participaron na primeira campaña: CEIP Xacinto Amigo Lera (Portomouro), CEIP Os Muíños (Muxía), CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral) e CEIP López Ferreiro (Compostela.
A campaña será recollida tamén nas nosas redes sociais e nas da Agacal para dar boa conta do traballo e da implicación de cada un dos centros participantes.

https://arcg.is/1KSrzn


Os centros que participarán nesta segunda volta: Divino Maestro e Colexio La Milagrosa de Compostela; Colexio Alca de Ames, CEIP Santa Baia de Boiro; CPI Dr. López Suárez de Friol; CEIP San Cosme de Barreiros; CEIP Juan Rey de Lourenzá; CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba; CEIP Rosalía de Castro de Bóveda; IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, CEIP Joaquina Gallego Jorreto de A Merca; CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Vega; Colexio Salesianos-A Mercé de Cambados; CEIP Xoaquín Loriga de Prado; CEIP A Lomba de Vilagarcía de Arousa e CEIP A Paz de Coruxo (Vigo).