Category Archives: BIBLIOTECA

OBRADOIRO POESÍA CREATIVA

OBRADOIRO DE POESÍA CREATIVA con… RODRIGO CHAO

20 marzo de 16:00 a 18:00h – CEIP Santa Baia

Na Biblioteca do cole vaise realizar un obradoiro o mércores 20 de marzo en horario de tarde, de 16:00 a 18:00 horas.

O obradoiro está destinado ao alumando de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Para participar, haberá que apuntarse na Secretaría do cole desde o venres 15 ata o martes 19 de marzo. Serán seleccionadas as 20 primeiras persoas que se apunten.

Animámosvos a participar!

Obradoiro día da Paz

Actividade para o mércores 25 de xaneiro!

Podedes acompañar ao/á voso/a fillo/a ao obradoiro organizado polo Equipo de Dinamización da Biblioteca!

Anotarse na Secretaría do centro ou enviando correo electrónico ceip.santabaia@edu.xunta.gal

Somos ciencia

Volve… BAIA RADIO

RECOMENDACIÓNS LECTORAS


RECOMENDACIÓNS LECTORAS de Pili

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2021

https://academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias
https://afiestradamestra.wixsite.com/descubrindoaxela
http://seminariogalan.org

BAIA RADIO. DÍGOCHO EU!

O alumnado de 4ºC achéganos un novo programa da Baia Radio titulado «Moito que celebrar».
Anímate a escoitalo!

BAIA RADIO. DÍGOCHO EU!

No programa de febreiro, os alumnos e alumnas de 4º de Primaria recórdannos as efemérides do mes de febreiro e achégannos a sección de «Dígocho eu» adicado, esta vez, a expresións relacionadas co tempo.

VACINAS MÁXICAS E RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Con motivo da celebración do día da Paz, o alumnado creou unhas vacinas máxicas para combater algúns virus moi frecuentes na nosa sociedade e organizaron unha campaña de recollida de alimentos. Aquí tedes unha mostra da súa gran imaxinación.

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Co gallo da celebración do día da PAZ e a NON VIOLENCIA, realizamos distintas actividades no centro:

A cuarta emisión deste curso do programa BAIA RADIO, a cargo do alumnado de 6ºC.

– Campaña de recollida de alimentos:

No ano 2020, o Premio Nobel da Paz foi outorgado ao Programa Mundial de alimentos da ONU polos seus esforzos na loita contra a fame no mundo. Nós quixemos colaborar con este gran labor organizando unha campaña de recollida de alimentos, en colaboración co «Banco de Alimentos Rías Altas».

Para elo, elaboramos carteis anunciando a iniciativa.