Destacado-inicio

ANDAINA SOLIDARIA

Dende o CEIP Santa María do Castro (Cabo de Cruz) convidámosvos a participar nunha actividade solidaria que desenvolveremos no colexio o vindeiro venres 26 de outubro en colaboración coa ONG “unoentrecienmil.org”. Consiste nunha andaina solidaria ó redor do colexio co fin de recadar cartos para a investigación da cura da leucemia infantil. Sairemos do noso colexio ás 12:30 horas e regresaremos ó mesmo punto facendo un percorrido de 900 metros aproximadamente. Donativo: 1€ por participante. A xente que non poida participar poderá realizar o donativo igualmente.

Esta actividade. ademáis do fin benéfico, ten un fin educativo, xa que pretendemos inculcar no alumnado valores como a solidariedade ou a empatía, tan necesarios na nosa sociedade.

A esta actividade estades convidados TODOS: alumnado, familias, mestres, veciños…toda mostra de solidariedade será benvida!

Achego o cartel informativo, por si queredes imprimilo e darlle publicidade.
Espero a vosas respostar para organizar a actividade.

Correde a voz e animádevos a participar con nós!!!! Esperámosvos!!!

ANDAINA solidaria

Moitas gracias pola vosa colaboración e un saúdo!!!

O Equipo Directivo do CEIP Santa María do Castro.

RESULTADO Enquisa sobre a nova organización da saída de infantil.

 

Agradecemos ás familias do alumnado de educación infantil a participación nesta enquisa!!!

 

CLICA PARA VER O RESULTADO: resultadosENQUISA

 

SAÚDOS.

 

 

Propostas para escola de pais

Dende a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria piden a nosa colaboración para por en funcionamento escolas de nais e pais.

Solicitan que a ANPA recolla a seguinte información:

1. Temática/s de interese.

2. Nº de horas de formación ás que estarían dispostas a acudir as familias.

3. Posibles datas dentro deste primeiro trimestre.

4. Estimación de nais e pais que acudirían á devandita formación.

Por favor, se hai algún tema que vos pareza interesante para este tipo de formación dirixida a nais e país, podedes deixar aquí as vosas suxerencias antes do 15 de outubro.

Moitas gracias.

NOVA ORGANIZACIÓN DAS SAÍDAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Co afán de mellorar a organización das saídas do alumnado,  imos a poñer a proba o seguinte sistema. Desde o luns 1 de outubro, cada responsable do alumnado dirixirase á porta da aula (ver plano) do alumno/a que veña a recoller.

IMPORTANTE, respectar un espazo ao redor da porta da aula para que non interromper a entrega do alumnado.

 

Propostas de cursos para escola de nais e pais

Ínstase a que propoñades temáticas, para a celebración de cursos para escola de nais e pais, antes do 5 de outubro.

Axuntamos a información na ANPA sobre as axudas recibidas:

Estimado/a Director/a:

A Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria está a impulsar liñas de colaboración entre profesorado e familias de alumnado ao abeiro coa Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, que dá instrucións para o apoio á creación e funcionamento das escolas de nais e pais.

Como asesora do teu centro, procedo a pedirche a túa colaboración para tratar de planificar as necesidades formativas no ámbito da Escola de Nais e Pais (ENAPA) ou ANPA do centro que dirixes. Esta sondaxe iría dirixida ás familias e sería externa á que formará parte do voso Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP).

Trataríase de que contactases coa ANPA para recoller a seguinte información:

1. Temática/s de interese na ANPA.

2. Nº de horas de formación ás que estarían dispostas a acudir as familias.

3. Posibles datas dentro deste primeiro trimestre.

4. Estimación de nais e pais que acudirían á devandita formación.

5. Estimación de nais e pais que acudirían á devandita formación.

Todo isto forma parte dun plan da Consellería para potenciar a formación de Escolas de Nais e Pais (ENAPA), actividades que sería a custo cero para o voso centro educativo, xa que se organizan desde o CAFI.

A fin de poder organizar estas formacións para o 1º trimestre, necesitaría ter unha resposta da ANPA con data límite o 15 de outubro.

Info sobre autobús

Para corrixir malentendidos, lembramos que o prezo para os usuarios de autobús que fagan o traxecto de ida e volta é de 32€. Un traxecto, ida ou volta, serían 16€.

Reciban un saúdo.

Información para o novo curso da ANPA

Clicando nos links poden acceder á documentación de inicio de curso que se fixo chegar desde a Anpa Torre de Goiáns.

 

 

Asamblea xeral ordinaria.

Información inicio de curso da Anpa.

Impreso alta e renovación de socios.

Servizo de madrugadores.

Actividades ofertadas para o curso 18-19

Curso “Ofimática divertida para nen@s”

 

Cursos ofimática (prazas completas)

Dende a ANPA organizarase, neste principio de curso académico, o curso de ofimática.

A información está na seguinte nota (prazas completas) :

Campaña Solidaria Mariola

Durante a semana do 17 ao 21 de setembro, entregaremos as bolsas da Campaña Solidaria Mariola para a recollida de roupa e calzado usado.

A recollida será o 3 de outubro, polo que rogamos traian as bolsas o día antes, o 2 (para non acumular durante moitos días no Centro as bolsas) e se depositen no banco que está frente a oficina da Anpa.

Entregar bolsas o día 2 de outubro.

Máis información

SAÚDOS

Actividades da biblioteca Municipal

Todas as activiades son de balde. Aforo limitado. Recoller invitacións na biblioteca (ata o luns anterior á data da actividade)

CLICA20180913141341