Category Archives: Dinamización

Mes da Ciencia en Galego

Magosto 2017

Gañadores!

… «nesta ocasión, o amor triunfou, pero non calquera amor, o amor Incondicional de verdade». E así foi, «Amor InCondicional» triunfou proclamándose o vídeo gañador do proxecto EcoVoz deste ano. Noraboa ao alumnado de 6ºC por implicarse e promover o traballo en equipo! E como non… ao noso polifacético mestre de música, Gus, por ser quen de remover e axitar ás masas en busca dun bo traballo.

🙂

 

amor incon

 

Enche as rúas de arte!

Novo concurso Infantil e Xuvenil de Boiro. Organiza: AACUB e Concello de Boiro.

Participantes: Categoría Picassos (5 a 9 anos) e Categoría Laxeiros (10 a 14 anos).

A inscripción será na Casa da Cultura, Parque da Cachada, ese mesmo día de 9:00 ata as 11:00h. Os concursantes presentarán os soportes onde van pintar e debuxar que serán selados como única obra apresentar.

A entrega terá como límite as 14:00h. na Casa da cultura.

Anímate e divírtete!!

20160524_104701

«ARTES» GALEGAS!

Para brindar homenaxe a Manuel María, convertemos o cole nun auténtico museo poético onde cada clase fixo unha ilustración dun dos seus poemas. Pero non contentos con isto, organizamos unha búsqueda do Tesouro onde as preguntas xiraban ao redor do autor e dos murais  feitos, o resultado… UNHA PASADA! 🙂

Coma sempre, convidámosvos a que pasen e vexan… 🙂

EXPOSICIÓN DE LAPBOOKS

0001

UN TWEET POLA LECTURA!

Para conmemorar o Día do Libro, cada clase buscou unha maneira singular de promover a lectura. Incluso os máis pequen@s fixeron a súa pequena aportación: «A lectura é a fábrica da imaxinación!» (4ºInf.B)

Ben feito!

Se queres ver outros exemplos, fai click a continuación!

Libros? 24 razóns…

dia-del-libro-2016-stockvault-story-book---childhood-imagination-concept182254

Neste mes e parte do que vén, actualizaremos o Twitter con frases a prol da lectura. Farase unha actualización diaria durante 24 días (24 clases) onde poderedes atopar dende refráns, adiviñas, pareados… ata referencias bibliográficas!

Síguenos: @BaiaLingua  – #DíaDoLibro

 

Que vén, que ben!

Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o polifacético escritor Manuel María Fernández Teixeiro.

Pouco a pouco iranse subindo novos materiais feitos por distintos colexios. Polo tanto, aquí vos deixamos unha gran oportunidade para coñecer a este célebre escritor galego e participar na creación de novo material.

MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO. LETRAS GALEGAS 2016.

 

«A nosa Rosalía»

O día 24 de Febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro. Dende o concello organízase un OBRADOIRO de Poesía Creativa dirixida ao alumnado de 5º e 6º da man de Sonia Lebedynski.

 

Obradoiro Poesía Creativa día de rosalía (pincha aqúí)

Prazas limitadas!!

 

?

?