Category Archives: Dinamización

OS NOSOS APELIDOS

Como remate deste curso 2021-2022 o EDLG seguindo a estela do curso anterior co estudo dos nomes volta cun proxecto máis ambicioso coa edición dun libro sobre a etimoloxía, uso e expansión dos apelidos que nos encontramos no centro.

https://drive.google.com/file/d/1nvTpAuxyYBaNU1R5ZnmsuquDz2UFvD1f/view?usp=sharing

Feliz verán e voltaremos o vindeiro curso con novos proxectos!!!!

A emigración, as nosas historias…

Xa temos en marcha a exposición cos traballos que nos enviáchedes das vosas familias e achegados.

MOITAS GRACIAS

Día de Rosalía, 23F

Vídeo resumo das actividades realizadas:

INFANTIL

Diversas caricaturas de Rosalía de Castro.

O alumnado de infantil… debuxamos á homenaxeada!

PRIMEIRO

Fixemos unha canción cun poema de Rosalía.

Cantamos a Rosalía acompañados dunha marimba e dos paus de chuvia.

SEGUNDO

Os de segundo, celebramos o seu día coa súa poesía

TERCEIRO

Decoración de pensamentos coa cara de Rosalía como foco central nos que aparecen palabras/versos dos seus poemas.

CUARTO

Recompilación de fotos e historias sobre a emigración, tema moi recurrente na obra de Rosalía. Realizarase unha exposición con este material na Romaría das Letras Galegas en maio.

QUINTO; poema musicalizado de Rosalía «O Craustro»

O Craustro, gravado o 19 de febreiro de 2022. Voces alumnado 5º primaria, guitarra mestre Sergio Somoza.

SEXTO

Poemas ao estilo e temáticas de Rosalía escritas polo alumnado de sexto.

https://drive.google.com/file/d/13lsNNLXU0MCMo9mN5yjqaC5v81sa-Ub5/view?usp=sharing

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2021

https://academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias
https://afiestradamestra.wixsite.com/descubrindoaxela
http://seminariogalan.org

Actividade letras galegas 2020

Prezadas familias:
De cara a celebración das Letras Galegas dende o EDLG propoñemos a seguinte actividade conxunta: BAIAVIEIRO NO MAIO DE CARVALHO, para a que contamos coa implicación de todos vós, alumnado e familias.
Tendo en conta as circunstancias especiais nas que nos atopamos e partindo do título dunha obra do autor homenaxeado este ano pola RAG, «Vieiros» de Ricardo Carvalho Calero, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio suxerimos crear un vieiro moi especial. Sería un mosaico de sentimentos e emocións en positivo, de palabras bonitas que nos axuden a manter a esperanza e sobrelevar esta situación de confinamento ocasionada pola pandemia, ata que recuperemos a «normalidade».
Cada nena ou neno debe elixir unha palabra positiva, esperanzadora, unha palabra bonita, de ánimo… (cadaquén ao seu nivel) que exprese un sentimento ou unha emoción (pode cooperar a familia ) e plasmala nun papel de xeito artístico e libre. Unha vez rematada a tarefa, faralle unha foto, na que posará o autor ou autora do traballo xunto co adulto/a que lle axudou a realizala –se for o caso e así o desexa-, procurando que a palabra elixida sexa ben visible.

Cada neno/a deberá enviar a foto ao seguinte enderezo de correo electrónico: santabaiaceip@gmail.com, e indicar neste o curso, grupo e etapa na que está escolarizado/a (por exemplo, 5º B de Infantil).  O prazo límite para achegala será o 8 de maio (incluído). Por cuestións organizativas, non se admitirán aquelas imaxes que cheguen con posterioridade a esta data. Con todas as fotos faremos unha montaxe na que participará todo o alumnado do centro –do que dispoñamos de autorización de imaxe- para colgar na web.
Con todas as fotos faremos unha montaxe na que participará todo o alumnado do centro –do que dispoñamos de autorización de imaxe- para colgar na web.
PD: Recoméndase ao alumnado que non se desfaga dese traballo por se se lle puidera dar outra finalidade didáctica nun futuro.

Moitas grazas polo voso esforzo e recibide un cordial saúdo.

O Equipo de Dinamización de Lingua Galega

Mural letras galegas 2019

Clica no enlace e poderás ver todo o proceso. SAÚDOS!

https://youtu.be/R46lzKHuGEg

Colaboración co IES Antonio Fraguas

No presente curso 2018-2019, a comunidade educativa do IES Antonio Fraguas Fraguas, síntese especialmente afortunada ca celebración do Día das Letras Galegas, pois honrará ao insigne antropólogo, historiador e galeguista que dá nome a este centro.

Por esta razón, decidimos crear esta proposta de MailArt, aberta á participación xa non só de toda a comunidade educativa do país, senón a calquera que se anime a compartir as súas creacións artísticas con nós. Todas elas iranse publicando no blog específico do proxecto: https://fraguasmail.art.blog/ así como en diferentes redes sociais, para acabar sendo obxecto tamén, dunha exposición pública que se desenvolverá en Santiago de Compostela a partir do mes de marzo –se ben se está estudando a posibilidade de levala a outros emprazamentos-.

En que consiste esta convocatoria aberta de MailArt? Basicamente, na creación de obras artísticas de pequeno formato, realizadas coa mais absoluta liberdade creadora, e atendendo só a unha premisa, que teña como fío condutor o Patrimonio Cultural, folclore e tradicións, de xeito que nos permita render unha especial homenaxe ao noso protagonista do Día das Letras Galegas 2019, don Antonio Fraguas Fraguas.

CLICA NO SEGUINTE ENLACE PARA TODA A INFORMACIÓN:

https://santabaia.es/wp-content/uploads/2019/01/Lola2.pdf

Animádevos a participar xunto co voso alumnado!
Agradecemos a vosa atención. 
Saúdos. Equipo Fraguas Mail Art 
                        @fraguasmailart         
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2019
I.E.S.  «Antonio Fraguas Fraguas»
Rúa de Londres 10. Santiago de Compostela 15707 A Coruña
Tfno 981 588498//Fax 981 588254
ies.antonio.fraguas@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.es/centros/iesantoniofraguas/

As portas do Nadal

Traballamos co noso medio ambiente en galego.

Día contra a violencia de xénero