Category Archives: EDLG

Día de Rosalía 23f24

23 febreiro 2024 – CEIP Santa Baia

Fotografías día de Rosalía 2024

Romaría letras galegas

O venres 19 de maio celebraremos a Feira das Letras Galegas con diferentes actividades e obradoiros, dos cales un será a recreación de dous maios, polo que solicitamos a colaboración das familias.

Necesitamos  (mimosas, hortensias…, follas variadas) para poder montar os maios, polo que aqueles/as que podan traer ao centro flores e follas, agradecemos a súa axuda. Tamén solicitamos a aportación de un euro por alumno/a para axudar cos gastos da xornada (máis abaixo relaciónanse as actividades programadas)

Comezaremos a recollida a partires do martes 16, para ter todo o necesario para o venres.

Esperamos que todo o alumnado desfrute da xornada e posteriormente subirase á páxina web fotos e vídeos de como foi a celebración para que as familias tamén podan ser partícipes.

Obradoiros:

Posto do Fonógrafo (música en galego e bingo musical).

Posto Sensorial.

Posto “Os Maios”, (dous armazóns un para infantil e outro para primaria).

Muro das Verbas

Posto da Arte.

Posto Experimentos.

Posto robótica.

Posto do Homenaxeado.

Posto de Vídeo e Set de TV.

Xeadería

Reciban un cordial saúdo e gracias pola súa colaboración.

Homenaxeado, Letras Galegas 2023

O Día das Letras 2023 homenaxea a Francisco Fernández del Riego, ensaísta, narrador e político xurdido no seo do Grupo Nós, que levou a cabo un intenso e extenso labor intelectual a prol da lingua, podéndose destacar o propio feito da conmemoración do Día das Letras Galegas existir, xa que foi un dos promotores da idea.

Letras galegas – Seminario Galán

Xa está a disposición dos centros escolares o material das Letras Galegas 2023, con actividades didácticas para o alumnado de infantil e primaria, elaboradas polos GT do Seminario de Galán.
Na páxina web do Seminario poderedes atopar actividades interactivas, en formato genial.ly, sobre o autor homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego, así como actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, escolma de textos, fotos e actividades para infantil en lingua de signos,  video da biografía, cronoloxía, marcapáxina, libro de lapelas, comecocos… material que pode facilitar ao profesorado a celebración do Día das Letras Galegas.

Este ano como novidade achegamos  actividades de robótica con taboleiros, fichas, solucionario…, con información variada do autor: biografía, fotos, obra, textos… unha actividade dirixida ao alumnado de primaria e para realizar en equipo ou individualmente.
A ligazón da web do Seminario é a seguinte:
.
http://www.seminariogalan.org

Moitas grazas pola vosa colaboración.
Alejandra Campo Penín e María Barca Gómez
Coordinadoras GT Seminario Galán

Día das artes galegas

O vindeiro 1 de abril conmemórase o DÍA DAS ARTES GALEGAS, dedicado ao trobador Martín Códax.
Na entrada do colexio preparouse un espazo para retrotraernos á época medieval.


Durante o xoves 30 e venres 31 de marzo levároanse a cabo diversas actividades que foron desde un concerto didáctico a cargo do grupo MENESTREIS ata a escenificación de cantigas medievais por parte do alumnado de quinto e sexto.


Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Unha gran actuación

O ENTROIDO DO SENTIMENTO

O xoves pasado algunhas das aulas recibiron a visita inesperada dunha “pantalla”, que é como se coñece ás persoas que usan este traxe típico do Entroido  na zona de Xinzo de Limia, pequena vila do interior da provincia de Ourense que xunto con Laza e Verín forman o chamado triángulo máxico do Entroido en Galicia.

Grazas a esta visita puidemos coñecer de primeira man como xa desde cativos os habitantes desta localidade participan activamente nesta celebración tan ancestral, facendo deste o chamado Entroido do sentimento, dado que se vive dunha forma tan especial tan lonxe dos desfiles de disfraces que nós coñecemos.

Como descubrimos, moita xente aforra durante todo o ano para facer este traxe artesanal e tan custoso, que non é un disfrace de paseo senón un de traballo, xa que as pantallas son os vixiantes do Entroido que xuntos percorren as rúas vixiando e poñendo orde para que non haxa ninguén sen disfrazar. Todos aqueles mozos maiores de 18 anos que non estean disfrazados serán cargados polas pantallas e terán que pagar unha ronda como castigo.

Este Entroido forma parte do patrimonio cultural de Galicia e foi declarado Festa de interese Turístico Nacional no ano 1997 para posteriormente no 2019 converterse en Festa de interese Turístico Internacional, sendo o primeiro en conseguilo xunto co de Cádiz e Tenerife, polo que é importante coñecelo, valoralo e respectalo porque forma parte da nosa historia e cultura como pobo.

Ten o título de Entroido máis longo de España xa que ten unha duración de 5 semanas que comezan co domingo fareleiro (dedicado a tirar fariña), o domingo oleiro (dedicado a tirar ao aire olas de barro cheas de auga hasta que a alguén se lle caian ao chan), o domingo corredoiro, o domingo de Entroido e finalmente o domingo de Piñata.

Unha larga tradición arraigada nas xentes desta vila que desde pequenos e pequenas cos seus primeiros traxes manteñen esta celebración viva para as futuras xeracións, polo que nunca mellor chamado que O ENTROIDO DO SENTIMENTO.

_autotone

O xardín de Rosalía

Co gallo da celebración do DÍA DE ROSALÍA o vindeiro 23 de febreiro, o EDLG en colaboración cos distintos niveis educativos do centro quixemos homenaxear a tan aclamada autora co «Xardín de Rosalía» que está exposto na entrada do colexio.

As familias poderán visitar a exposición onde verán os diferentes poemas traballados nas aula.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

OS NOSOS APELIDOS

Como remate deste curso 2021-2022 o EDLG seguindo a estela do curso anterior co estudo dos nomes volta cun proxecto máis ambicioso coa edición dun libro sobre a etimoloxía, uso e expansión dos apelidos que nos encontramos no centro.

https://drive.google.com/file/d/1nvTpAuxyYBaNU1R5ZnmsuquDz2UFvD1f/view?usp=sharing

Feliz verán e voltaremos o vindeiro curso con novos proxectos!!!!

DÍGOCHO EU VIII

Aquí vos deixamos o último informe meteorolóxico deste curso. Agradecemos a todos e todas a vosa colaboración para poder facer realidade este proxecto. Vémonos o próximo curso!!!!!

A emigración, as nosas historias…

Xa temos en marcha a exposición cos traballos que nos enviáchedes das vosas familias e achegados.

MOITAS GRACIAS