Semana da ciencia. Venres 17.

O alumnado de 1º tivo a oportunidade de ver o que se pode facer cunhas simples pezas de construción, un motor, un mando a distancia e imaxinación. Un alumno de 6º amosóunolo.

Teatro “O lobo e a Lúa”

Este xoves 16 fomos Á Cachada a ver a obra teatral “O lobo e a Lúa”.

PARTICIPACIÓN DOS PRIMEIROS NO PROXECTO DOS MUÍÑOS DE GOIÁNS

Se queredes saber que actividades realizamos para participar no proxecto plantexado pola biblioteca do noso cole para este curso, non perdades detalle do seguinte vídeo.

VERSOS DOCES

As nenas e os nenos de 1º  puxémoslles voz aos nosos “VERSOS DOCES”! 

Se queredes saber que fixemos os nenos e nenas de primeiro no estreno de etapa pinchade aquí!

OS PIRATAS DE 1º

Con motivo do Día do Libro, os nenos/as de 1º elaboraron estes divertidos libros de piratas.

1ºA

 

1ºB

1ºC

Recitado primeiro

MARZO!

MES DA POESÍA, DÍA DA MULLER TRABALLADORA, DÍA DE ROSALÍA

OS NOSOS “MASIDE”

Xa tedes aquí as nosas copias de tres coñecidos cadros de Carlos Maside; agora podedes comprobar porque nos levaron tanto tempo: SON XENIAIS, OU NON?

“AS LAVANDEIRAS”

DSC02094

“A TENDA”

DSC02095

 “ARROLANDO A BONECA”

DSC02092

Primeiras plantacións no horto!

O alumnado de primeiro e segundo A ignauguraron a primeira parcela!

Realizaron a plantación de allos e repolos corazón de león.

1ª plantación no horto – Ceip S.Baia on PhotoPeach

Atentos… pronto haberá outra ignauguración…

” UN OUTONO PICTÓRICO”

O alumnado de 1º  acabamos, coma quen di,  de aterrar no edificio dos maiores e xa aprendemos cousas interesantes para compartir con todos vós.

PINTORES e CADROS entraron nas nosas aulas para con eles descubrir o valor artístico e as mensaxes que os cadros agochan.

Da man do pintor noruego “Eduard Munch” abrímoslle a porta ao mundo dos medos e rematamos na celebración do Samaín:

DSC02064         DSC02062

Como tamén queriamos descubrir aos pintores españois, fixámonos nas ilusións ópticas que utilizaba o catalán  “Salvador Dalí”, dentro da unidade didáctica dos sentidos.

A pintura galega entrou da man de “Carlos Maside”, precursor das vangardas en Galicia,dentro do  proxecto de centro “BAIA MUSEO”.DSC02066

Continuamos a nosa andaina cunha visita ao museo de Pontevedra, para aprender a mirar cadros, moitos de nós por primeira vez.  DSC02082 E rematamos converténdonos, segundo as nosas profes, nuns bos pintores.NON SI?DSC02069

EN BREVE DISFRUTAREDES DAS NOSAS CREACIÓNS!