Desde o noso horto a… ROSALÍA!

2 APROVEITANDO RECURSOS

O alumnado de 2ºB aproveitamos os recursos que nos ofrece o noso “Horto” (tomates cherry e ourego) para a partir deles converternos en COCIÑEIROS/AS.

Comer variado e rico, rico….pode ser moi divertido!!!!

E aprender TAMÉN.

Visita de Antón Riveiro Coello

IMG_2953Co gallo do Día do Libro, as nenas e nenos de 2º traballamos  un relato de Antón Riveiro Coello :”Pirrrula ou un punto no ceo”. 

Ademais tivemos a sorte de poder coñecer a este importante autor galego afincado en Boiro, posto que veu ao noso cole a contarnos moitas cousas sobre a súa profesión como escritor.

E ata nos sorprendeu tocando a guitarra!

ALEMAÑA 2º B

“BAIA-VIAXE”

Dentro do proxecto de centro “Baia-Viaxe”, o alumnado de 2º aproveitou as familias e alumn@s doutros países nas aulas, así como coñecer máis sobre o feito da emigración, para a partir de aí elexir os lugares  aos que fomos  viaxar este curso.

Con motivo do “DIA DO LIBRO”, entre as actividades feitas, nestes meses, compartimos con vós:

 

 

 

 

 

Como ver cinco planetas nunha mañá

Planetas_antes_del_amanecer

Que sorte!

Miramos o ceo ás oito da mañá en dirección leste e alí están.

1º Venus (o punto máis brillante)

2º Xúpiter (máis abaixo á esquerda)

3º Sobre el un punto tenue algo alaranxado , Marte.

4º Sobre a liña do horizonte, Mercurio.

Se miras máis cedo só estarán os tres primeiros. (Mercurio sae en torno ás 7h 20’)

E o quinto planeta? Aínda non o viches?

A incubadora de 2ºA!

Podedes ver o funcionamento e o primeiro nacemento!!!!

http://youtu.be/LjZmzL99cOI

 

 

Cando podo ver a ISS dende Boiro?

Levamos meses proporcionándote información sobre os pasos visibles da ISS sobre o ceo de Boiro.

Continuaremos  a facelo, máis a nosa intención é que acades autonomía e que sexas quen de saber en cada momento os pasos visibles para calquera punto do planeta.

No seguinte enlace podes consultar os datos referidos a Pontevedra (para nós sería a cidade máis próxima).

http://www.estacionespacial.com/pasos.php

So tes que encher os campos      “Selecciona un país” España        e             “Ciudad” Pontevedra

 

 

 

 

 

 

Mirando o ceo nocturno…

Tódolos días vemos o ceo, pero… mirámolo moitas veces????
Para poder mirar o ceo, debemos ter referencias e poder situarnos.

Hoxe poderás aprender a miralo.
Esta noite, ás 22:30 poderás ver no ceo -que aínda estará azul- un triángulo formado pola Lúa, un punto brillante ao seu carón -un chisco máis arriba á dereita- que é Venus, e outro punto -máis tenue arriba á esquerda- que é Xupiter.
Ás 22: 45 enriba de Venus e formando con el un V aparecen dous puntos luminosos. O da esquerda é Polux (unha estrela xigante vermella) e o da dereita é Castor (un sistema de 6 estrelas, que nós vemos coma unha porque está moi lonxe). Cástor e Polux son as estrelas principais da constelación de Xémini.

Recitado rosaliamos