CLUB DE LECTURA

Xa está en marcha o club de lectura para os alumn@s de 6º.

O libro elixido polos membros do club é “Ojos de nube”, de Ricardo Gómez.

http://baiabiblio.blogspot.com.es/

 

Achegando dous mundos

Proxecto realizado no curso 2016/2017 co alumnado de 6º e os usuarios do Centro de día de Boiro.

Actividade formidable, formadora e na que aprendemos moito… de todo.

Aquí vos deixamos un resumo, esperamos que vos guste. SAÚDOS

 

Separación de residuos

O alumnado de 6ºC preparou este ilustrativo vídeo.

VISITA DE 6ºC AOS MUÍÑOS DE PONTE GOIÁNS

O día 20 de febreiro visitamos os Muíños de Ponte Goiáns. Acompañáronnos na nosa visita Ermitas, nai de Alba; Suso, o seu avó e Maruxa, unha veciña que pasou moitas horas traballando neste lugar. Eles explicáronnos o funcionamento dos muíños, os aparellos que empregaban, como era o sistema de propiedade e compartiron con nós os seus recordos.

 

A CASA DAS CAMELIAS

En Brazos temos un dos xardíns botánicos con máis diversidade de Galicia,e un muíño en plena forma… e outras sorpresas que vos van a gustar.

Esta semana os visitamos o alumnado de 5º e 6º, e viñemos todos encantados!

máis info

OBRADOIRO DE CREMA DE CACAO

 

Unha vez máis, temos que dar as grazas ás mamás do Foro Ecolóxico de Boiro, que hoxe nos acompañaron para aprendernos a facer unha deliciosa crema de cacao.

Investigamos algunhas cuestións sobre os ingredientes das cremas de cacao.


E, como non, degustamos a crema de cacao caseira

 

Atréveste a facer a túa crema?

Gañadores!

… “nesta ocasión, o amor triunfou, pero non calquera amor, o amor Incondicional de verdade”. E así foi, “Amor InCondicional” triunfou proclamándose o vídeo gañador do proxecto EcoVoz deste ano. Noraboa ao alumnado de 6ºC por implicarse e promover o traballo en equipo! E como non… ao noso polifacético mestre de música, Gus, por ser quen de remover e axitar ás masas en busca dun bo traballo.

🙂

 

amor incon

 

Vótanos!

Ata o 1 de xuño están abertas as votacións para este concurso Voz Natura.

Co teu voto podemos ser un dos 5 finalistas. Despois será un xurado quen elixa o gañador.

Inscribimos o vídeo Amor inCondicional, obra do alumnado de sexto do noso Centro, esperamos que vos guste!

GRACIAS POLA TÚA COLABORACIÓN!!!!!

http://premium.easypromosapp.com/voteme/306368/622965542

Tamén podedes votar a este no que participou un mestre do noso Centro.

http://premium.easypromosapp.com/voteme/306368/622976490

 

EXPOSICIÓN DE LAPBOOKS

0001

II Rolda Ecopreguntoiro

Velaquí o noso segundo Ecopreguntoiro, se queres coñecer quen pasou ás semifinais, xa sabes… preme a continuación! 🙂

 

Ecovisita:

 

Ecoconsello: